«M.O.R.» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Blur | |||||
do álbum Blur | |||||
Lanzamento | 15 de setembro de 1997 | ||||
Formato | 7", CD, casete | ||||
Gravada | 1996 | ||||
Xénero musical | Indie rock | ||||
Lingua(s) | (({lingua))} | ||||
Duración | 3:27 | ||||
Discográfica | Food, Virgin, Toshiba-EMI | ||||
Produtor(es) | Stephen Street | ||||
Escritor(es) | |||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | (({miscelanea))} |
"M.O.R." é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como sinxelo do seu quinto álbum, Blur, o día 15 de setembro de 1997. "M.O.R." acadou o número 15 na lista británia de sinxelos[1].
A progresión de acordes da canción foi collida dos temas de David Bowie "Boys Keep Swinging" e "Fantastic Voyage". No álbum Lodger, Bowie e o seu colaborador Brian Eno levaron a cabo un experimento musical no cal compuxeron varias cancións coa mesma progresión de acordes, das cales "Boys Keep Swinging" e "Fantastic Voyage" foron as dúas que apareceron. M.O.R. é á súa vez unha continuación e unha homenaxe a ese experimento.
"M.O.R." significa "middle of the road" (medio da estrada), que aparece na letra da canción.