The Ballad of Darren é o noveno álbum de estudio da banda inglesa de rock Blur, publicado o 21 de xullo de 2023 a través dos selos Parlophone e Warner Records. Os temas do disco foron escritos polo líder Damon Albarn en 2022 mentres estaba de xira con Gorillaz, e posteriormente compostos por Albarn e o resto da banda. Foi producido por James Ford no Studio 13 en Londres e Devon. É o primeiro álbum de Blur dende The Magic Whip (2015), e tamén é o seu álbum máis curto, cunha duración por debaixo dos 40 minutos. A portada é unha fotografía de 2004 dun home nadando só na Gourock Outdoor Pool en Gourock, Escocia, tomada por Martin Parr. O seu título refírese a Darren "Smoggy" Evans, o gardacostas da banda dende hai moito tempo.[1]
The Ballad of Darren publicouse con recensións positivas. Converteuse no sétimo álbum consecutivo da banda en chegar ao número un no Reino Unido.[2] Tamén foi número un nas listas de Bélxica, Irlanda, Escocia e Suíza, e foi o primeiro disco da banda en entrar no Top 10 da lista estadounidense Top Album Sales, chegando ao número 8. O álbum foi promocionado polos sinxelos "The Narcissist", "St. Charles Square" e "Barbaric", así como por unha xira mundial.
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Damon Albarn, Graham Coxon, Alex James e Dave Rowntree..
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"The Ballad" |
3:37 |
2. |
"St. Charles Square" |
3:55 |
3. |
"Barbaric" |
4:09 |
4. |
"Russian Strings" |
3:38 |
5. |
"The Everglades (For Leonard)" |
2:56 |
6. |
"The Narcissist" |
4:05 |
7. |
"Goodbye Albert" |
4:17 |
8. |
"Far Away Island" |
2:58 |
9. |
"Avalon" |
3:05 |
10. |
"The Heights" |
3:24 |
36:04 |
Temas extra do CD de luxo |
N.º |
Título |
Duración |
11. |
"The Rabbi" |
2:44 |
12. |
"The Swan" |
3:42 |
Tema extra no Xapón[3] |
N.º |
Título |
Duración |
13. |
"Sticks and Stones" |
3:24 |