Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.)
Isabel I de Rusia
Datos persoais
Nacemento29 de decembro de 1709
 Kolomenskoe
Falecemento5 de xaneiro de 1762
 San Petersburgo
PaiPedro I de Rusia
NaiCatarina I de Rusia
CónxuxeAlexey Razumovsky
RelixiónCristianismo ortodoxo
Na rede
WikiTree: Рома́нова-2 Find a Grave: 2985 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Sabela ou Isabel I de Rusia (en ruso Yelizaveta Petrovna ou Елизаве́та (Елисаве́т) Петро́вна), nada en Kolomenskoe o 18 de decembro de 1709 e finada en San Petersburgo en 1762, era filla de Pedro I de Rusia. Durante o seu reinado foi coñecida como "A Clemente".

Traxectoria

Cando morreu Pedro o Grande sen descendencia masculina, a opinión sobre quen debía de subir ao trono quedou dividida. Sabela fora relegada ao trono cando primeiro subiu a súa nai 1725, e despois seu sobriño Pedro II de Rusia (1727. Ao morrer Pedro II, en xaneiro de 1730, a opinión volveu a dividirse entre os partidarios das fillas de Pedro e os que apoiaban a Pedro III, quen aínda era un neno. Finalmente subiu ao trono Ana Ivanovna, filla segunda do Tsar Iván V de Rusia, quen ademais era a que menos probabilidades tiña de subir ao trono.

Ascendeu ao trono en 1741, tras derrocar ao Tsar Iván VI, ao que fixo encerrar na fortaleza de Schlüsselburg. Así iniciouse unha revolución entre os partidarios de Sabela e Iván. Todo rematou cando un dos seus propios aliados e amante (Lestocq) a quixo encerrar nun convento; pero Sabela, durante unha velada o 25 de novembro de 1741, mandou chamar a algúns dos seus seguidores suplicándolles que a salvaran.

Chorou, e fíxolles bicar a cruz, o cal equivalía a un xuramento. Ela díxolles que era a súa nai, a nai do pobo ruso. Eles cederon, facéndolle caso, velando e gardando por ela.

Política

Foi a última descendente por liña masculina da Dinastía Romanov que ocupou o trono ruso. Contraeu matrimonio, morganático, con Alexis Razumivski, ao que o emperador Carlos VI fixo conde do Sacro Imperio.

Muller de carácter autoritario, excéntrica e luxuriosa, tivo porén algúns acertos como gobernante, entre eles a abolición da pena de morte, a supresión dos aranceis internos, a reorganización do comercio exterior e as iniciativas culturais e artísticas, como foron a apertura da Universidade de Moscova e da Academia de Belas Artes de San Petersburgo. Mellorou as relacións con Inglaterra e Austria, e gañoulle a Suecia a parte sur de Finlandia.

Era moi supersticiosa, fixo demorar a declaración de guerra a Frederico II de Prusia porque unha mosca se pousou no papel orixinando unha mancha de tinta.

Por outro lado, anulou toda a obra de seu pai, outorgou máis privilexios á nobreza, empobrecendo aos campesiños. Participou na Guerra dos Sete Anos contra Frederico II de Prusia.

Deixou como sucesor ao seu sobriño Pedro III, fillo da súa irmá máis vella e de Carlos Frederico de Holstein-Gottorp, duque de Hosltein-Gottorp, quen naceu en Alemaña pero foi adoptado por Sabela en 1741.