Intersindical Nacional Galega
Logo
Tiposindicato
Ideoloxíanacionalismo galego
Área de operaciónGalicia
Data de fundación1977
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
Votar NON á constitucion por antigalega e antiobreira da ING. Vigo, 1978.

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato galego nacionalista e anticapitalista que se formou en marzo de 1977[1] da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.[2]

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Avantar - CIG: Confederación Intersindical Galega". Arquivado dende o orixinal o 07.07.2016. 
  2. González Martín, G. (11 de outubro de 1977). "Constituida la Intersindical Nacional Galega". El País (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]