Estudantes Independentistas
Tipoorganización política
Data de fundación1995
Data de disolución2001
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Estudantes Independentistas (EI) foi unha organización estudantil de ideoloxía independentista e socialista que existiu en Galiza de 1995 a 2001[1].

Historia

[editar | editar a fonte]

EI foi creado en 1995[2] por estudantes vinculados ás diversas correntes do independentismo. Presentouse ás eleccións na Universidade de Santiago de Compostela en 1996, conseguindo abundante representación e gañando as eleccións na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Os métodos de loita que empregaba EI eran as folgas estudantís e as manifestacións, tendo sempre un forte carácter anti-institucionalista. Durante a segunda década dos 90 a organización estendeuse a todas as cidades de Galiza, gañando representantes nas tres universidades.

EI sempre buscaba a máxima unidade acción cos Comités Abertos de Faculdade e o Movemento Estudantil Universitario. A partir do 2000 a organización buscou cada vez máis a unidade orgánica coas outras agrupacións estudantís independentistas. En 2001 fusionouse coa Federaçom Estudantil Revolucionária, a Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas e outros grupos para formar AGIR. Un importante sector da organización decidiu non unirse á AGIR.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Agrupaciones extremistas fichadas por la policía coexisten en la Universidad de Vigo" Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 19 de decembro de 2000.
  2. ESTOUTRAS: Breve resenha do independentismo estudantil