![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1821 ![]() Ruán, Francia ![]() |
Morte | 8 de maio de 1880 ![]() Croisset, Francia (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | hemorraxia cerebral ![]() |
Lugar de sepultura | Cimetière monumental de Rouen (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Canteleu (1844–1880) París (1841–) Reims Ruán ![]() |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | International lycée François-Ier (en) ![]() Paris Law Faculty (en) ![]() Lycée Pierre-Corneille (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Prosa ![]() |
Ocupación | novelista , escritor ![]() |
Movemento | Realismo literario ![]() |
Profesores | Adolphe Chéruel (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra franco-prusiana ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia![]() | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | Louise Colet ![]() |
Pai | Achille Cléophas Flaubert (pt) ![]() ![]() |
Irmáns | Achille Flaubert (en) ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
29 de xaneiro de 1857-7 de febreiro de 1857 | Q121160154 ![]() ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Gustave Flaubert, nado en Ruán o 12 de decembro 1821 e finado en Canteleu (Croisset, Normandía) o 8 de maio de 1880, foi un escritor francés. O seu estilo podería identificarse entre o psicoloxismo de Stendhal e o naturalismo de Émile Zola.
Naceu no seo dunha familia da pequena burguesía católica e de devanceiros protestantes. Gustave Flaubert é o segundo fillo de Achille Cléophas Flaubert (1784-1846), cirurxián xefe no Hôtel-Dieu (hospital) de Ruán, e da súa esposa, Anne Justine Caroline Fleuriot (1793-1872), fila dun médico de Pont-L'Évêque. Foi o quinto fillo da parella, logo dunha irmá e dous irmáns mortos a unha curta idade, foi afastado en favor do seu irmán máis vello, Achille, brillante alumno admirado pola familia (e que acabou sucedendo o seu pai como cirurxián xefe do Hôtel-Dieu de Ruán). Gustave Flaubert viviu unha infancia sen alegría, marcado polo ambiente sombrío do piso do seu pai no hospital da vila (hoxe en día museo Flaubert e de historia da medicina, pero dulcificada pola súa complicidade coa súa irmá máis nova, Caroline, nada tres anos máis tarde ca el.
Adolescente de exaltacións románticas, sentiuse xa atraído pola escritura durante a súa idade escolar vivida sen entusiasmo como interno no Collège Royal e desde 1832 no instituto de Ruán. Alí coñeceu a Ernest Chevalier, con quen creou en 1834 Art et Progrès, un periódico manuscrito onde fixo aparecer o seu primeiro texto público. En decembro de 1839 foi expulsado por indisciplina, e aprobou o bacharelato por libre en 1840.
O primeiro fito notable na súa xuventude foi cando coñeceu en Trouville-sur-Mer, durante o verán de 1836, a Élisa Schlésinger que deixará unha forte pegada nel ata a fin dos seus días. Trasladou esta paixón muda, coa carga emocional que ela desenvolve nel, na súa novela L'Éducation sentimentale, en particular na famosa páxina da «aparición» de Madame Arnoux ao respecto do mozo Frédéric e do seu último encontro espiñento.
Empezou estudos de dereito pero sen rematalos, pois sufría de epilepsia. No 1848 presenciou a Revolución en París e dende maio dese mesmo ano ata setembro de 1849 viaxou co seu amigo Maxime Ducamp por Exipto, Xerusalén, Constantinopla e Italia.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gustave Flaubert |
![]() |
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |