Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1945 (79 anos) San Pietro Magisano (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia |
Educación | University of Messina (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme |
Ocupación | director de cinema , guionista , realizador |
Período de actividade | 1967 - |
Lingua | Lingua italiana |
Premios
| |
Gianni Amelio, nado en San Pietro di Magisano (Calabria) o 20 de xaneiro de 1945 é un director de cinema italiano.
Amelio naceu en Calabria e o seu pai marchou a Arxentina pouco despois do seu nacemento. Pasou a súa infancia e mocidade coa súa nai e a súa avoa. A ausencia da figura paternal é unha constante na obra de Amelio.
Estudou filosofía en Messina, onde se interesou polo cinema, escribindo críticas para a revista local. En 1965 mudouse a Roma, traballando como operador e axudante de director para Liliana Cavani e Vittorio De Seta. Tamén dirixiu documentais e anuncios para a televisión.
Debutou no cinema en 1982 con Colpire al cuore, sobre o terrorismo en Italia. Porte aperte (1989), con Gian Maria Volonté, confirmou o status de Amelio como un dos mellores directores do cinema italiano.
Triunfou novamente cos seus filmes Il ladro di bambini (1992), Lamerica (1994) e Le chiavi di casa (2004).