Franco Zeffirelli | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||
Nome completo | Gianfranco Zeffirelli | ||||||
Alcume/outros | Franco Zeffirelli | ||||||
Nacemento | 12 de febreiro de 1923 | ||||||
Lugar | Florencia, Italia | ||||||
Falecemento | 15 de xuño de 2019 (96 anos) | ||||||
Lugar | Roma, Italia | ||||||
Causa | doenza | ||||||
Soterrado | Cimitero delle Porte Sante | ||||||
Nacionalidade | ![]() | ||||||
Relixión | Igrexa católica | ||||||
Educado en | Universidade de Florencia | ||||||
Profesión | Director, político | ||||||
| |||||||
Na rede | |||||||
http://www.francozeffirelli.it | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||
Gianfranco Zeffirelli, nado en Florencia o 12 de febreiro de 1923 e finado en Roma o 15 de xuño de 2019,[1] foi un director e produtor de cinema e ópera italiano. Foi tamén senador (1994–2001) polo partido Forza Italia.
Zeffirelli naceu nos arredores de Florencia, froito da relación entre a deseñadora de moda Alaide Garosi e o repartidor de la e seda Ottorino Corsi. Como ambos os dous estaban casados, Alaide non puido empregar nin o seu apelido nin o de Corsi para o seu fillo. Finalmente escolleu "Zeffiretti", que son as “pequenas brisas” mencionadas na ópera de Mozart Idomeneo, mais foi mal deletreado no rexistro e converteuse en Zeffirelli.[2] Cando tiña seis anos morreu a súa nai e foi criado por unha comunidade de ingleses expatriados e viuse envolto particularmente co grupo Scorpioni, que inspirou o filme semiautobiográfico Tea with Mussolini (1999).
Graduouse na Accademia di Belle Arti Firenze en 1941 e por consello do seu pai entrou na Universidade de Florencia para estudar arte e arquitectura.[3] Tralo inicio da segunda guerra mundial loitou como partisano antes de reunirse cos soldados británicos e converterse no seu intérprete. Trala guerra volveu á universidade para continuar os seus estudos, mais tras ver Henry V de Laurence Olivier en 1945 a súa atención pasou ao teatro.
Mentres traballaba como pintor de escena en Florencia, coñeceu e foi contratado por Luchino Visconti, que o converteu en axudante de director de La Terra trema, estreado en 1948. Os métodos de Visconti tiveron un fondo impacto no traballo posterior de Zeffirelli.[4] Traballou tamén con Vittorio De Sica e Roberto Rossellini. Na década de 1960 fíxose un nome deseñando e dirixindo as súas propias obras en Londres e Nova York e axiña traspasou as súas ideas ao cinema.
O seu primeiro filme foi A muller indomable (1967), orixinariamente pensado para Sophia Loren e Marcello Mastroianni mais finalmente protagonizado polas estrelas de Hollywood Elizabeth Taylor e Richard Burton, que axudaron á produción e recibiron unha porcentaxe dos beneficios en lugar do seu salario normal. Mentres montaba o filme, Florencia sufriu unha gravísima inundación. Un mes máis tarde Zeffirelli estreou a curtametraxe Florence: Days of Destruction, para acadar fondos para recuperarse do desastre.[5]
O grande éxito de Zeffirelli chegou o ano seguinte cando presentou dous adolescentes como protagonistas de Romeo and Juliet (1968). O filme volveuse moi popular e ningún traballo posterior tivo o mesmo impacto.
Tralas dúas adaptacións de Shakespeare pasou ao cinema de temas relixiosos con Brother Sun, Sister Moon (1972), sobre a vida de Francisco de Asís e a miniserie Jesus of Nazareth (1977), que supuxo un éxito e foi emitida frecuentemente na televisión nos anos posteriores.
Despois de dous filmes contemporáneos, na década de 1980 dirixiu adaptacións de óperas á pantalla, con estrelas como Plácido Domingo, Teresa Stratas, Juan Pons e Katia Ricciarelli. Volveu a Shakespeare con Hamlet (1990), co entón heroe de acción Mel Gibson como protagonista.
Desde a década de 1950 Zeffirelli dirixiu óperas en Europa e nos Estados Unidos.
En 1996 fixo pública a súa homosexualidade, mais preferiu ser discreto sobre a súa vida privada.[6]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Franco Zeffirelli ![]() |