Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.)
Francis Barlow
Nacemento1624
Lugar de nacementoLincolnshire
Falecemento11 de agosto de 1704
Lugar de falecementoLondres
NacionalidadeReino Unido
Ocupaciónpintor, ilustrador e augafortista
editar datos en Wikidata ]
Baralla, sobre 1679, Francis Barlow V&A Museum no. 20366:1 a 52.
Coursing the Hare, ilustración de Francis Barlow a The Gentleman's Recreation de Richard Blome, 1686.

Francis Barlow, nado no Linconshire en 1626 e finado en 1704, foi un pintor e ilustrador inglés.

Traxectoria

O seu primeiro traballo de importancia foi a ilustración de Theophila (1652), obra de Edward Benlowe, e en 1666 ilustrou unha edición das Fábulas de Esopo.

A partir de 1653 traballou en Londres como pintor de paxaros e outros animais. Foi tamén o pai da pintura deportiva británica. En 1682 Barlow realizou The Horrid Hellish Popish Plot, probablemente a segunda tira cómica que se fixo.

Barlow morreu na pobreza, aínda que non se coñece a data exacta. O enterro foi o 11 de agosto de 1704.