Lincolnshire é un condado do Reino Unido, situado no leste de Inglaterra. Ocupa unha área de 6.959 km², polo tanto é o segundo condado máis grande do país. A súa poboación estimada en 2010 era de 1,021.600 habitantes. A sede do goberno está na vila de Lincoln, a máis poboada do condado, e da cal recibe o seu nome.