Duke Erikson | |
---|---|
Nome completo | Douglas Elwin Erikson |
Data nacemento | 15 de xaneiro de 1953 (71 anos) |
Nado en | Lyons, Nebrasca, |
Ocupación | produtor musical, cantante, guitarrista, guionista e produtor de cinema |
Instrumento(s) | guitarra |
Relacionado con | Garbage, Fire Town, Spooner |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Douglas Elwin Erikson, nado en Nebrasca o 15 de xaneiro de 1953, é un compositor, produtor e multiinstrmentista estadounidense coñecido por ser fundador e guitarrista da banda de rock alternativo Garbage. Antes de crear Garbage, Erikson foi membro dos grupos Spooner e Fire Town.
Aos 16 anos formou a súa primeira banda, The British. Erikson estudou historia da arte, e pagou os seus estudos facendo numerosos traballos, como carpinteiro ou condutor de camións.
En 1979, a banda de Erikson, Spooner, na cal era o cantante e principal compositor, editou un EP con catro cancións que a converteu nunha das bandas máis populares da rexión. Dous álbums seguiron a ese EP, Every Corner Dance e Wildest Dreams, distribuído por todo o país. En 1987 Duke e Butch Vig, con Phil Davis como cantante, crearon a banda Firetown. Firetown publicou dous álbums e seis sinxelos nun moi curto período de tempo, á parte dun vídeo para o sinxelo "Carry The Torch", pero separáronse en 1989.
Nese momento, o sinxelo de Spooner "Mean Old World" chegou ao número un en Madison, de onde proviña, o cal axudou a que a banda se unise outra vez. Un novo traballo, Fugitive Dance, apareceu seguido dunha xira, antes de que a banda se separase en 1993. Nese tempo Butch Vig xa se fixera un nome como produtor musical.
En 1994, Duke Erikson formou Garbage xunto a Shirley Manson, Butch Vig e Steve Marker.