Butch Vig
Nome completoBryan Vig
Data nacemento2 de agosto de 1955 (68 anos)
Nado enViroqua, Wisconsin
OcupaciónMúsico, produtor
Instrumento(s)Batería
Relacionado conGarbage
Na rede
IMDB: nm0896901 Twitter: butchvig Musicbrainz: ba30915c-4d33-43c5-8c37-ead0b8061517 Discogs: 42640 Allmusic: mn0000938464 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bryan "Butch" Vig, nado o 2 de agosto de 1955 en Viroqua, Wisconsin, é un músico e produtor musical estadounidense, coñecido por ser o batería da banda de rock alternativo Garbage e por ter producido o álbum Nevermind de Nirvana.

Traxectoria

Vig estudou piano durante seis anos, pero, despois de ver a The Who actuar no programa de The Smothers Brothers, cambiou o seu piano por unha batería de 60 dólares [Cómpre referencia].

Mudouse a Madison e matriculouse na University of Wisconsin para estudar dirección de cine, onde coñeceu a Steve Marker. Vig contribuíu coas súas composicións en bandas sonoras de películas de baixo presuposto, e mentres estaba en Madison uniuse a varias bandas de garage pop. En 1978 formou Spooner con Duke Erikson, Dave Benton, Jeff Walker e Joel Tappero. Spooner fundou o seu propio selo, Boat Records, para publicar as súas propias gravacións e as dunhas 20 bandas locais máis.

No ano 1984, Vig e Marker fundaron os Smart Studios en Madison, mentres seguía tocando a batería en Spooner pola noite e conducía un taxi polo día. Cando Spooner perdeu folgos, Vig formou unha banda chamada First Person con Marker e Phil Davis, e un proxecto paralelo chamado Fire Town con Davis e Erikson. Fire Town converteuse rapidamente na prioridade de Vig, e despois do seu primeiro álbum asinaron con Atlantic Records. Atlantic contratou ao produtor Michael Fondelli para que traballase no segundo álbum da banda. A pesar de que as sesións non foron ben e o resultado foi un fracaso, Vig aprendeu moito sobre técnicas de produción no proceso. Fire Town separouse, e Vig reformou Spooner para un último álbum antes de que se adicase á produción a tempo completo.

Carreira como produtor

Butch Vig comezou a facerse un nome no negocio da música en 1991, cando se encargou da produción dos discos Gish de The Smashing Pumpkins e Nevermind de Nirvana, o disco que os faría coñecidos en todo o mundo. Grazas ao seu traballo, Billy Corgan convidou a Butch a producir o segundo disco dos Pumpkins, Siamese Dream, editado en 1993, que foi todo un éxito tanto comercialmente como de crítica, e impulsou a carreira da banda cara ao gran público. Vig tamén produciu dous aclamados álbums de Sonic Youth, o Dirty de 1992 e o Experimental Jet Set, Trash and No Star de 1994.

Vig traballou con Jimmy Eat World no seu sexto álbum, Chase This Light, editado en outubro do 2007. A súa primeira produción dunha banda inglesa foi o álbum All or Nothing de The Subways, no ano 2008. Tamén traballou con Tom Gabel de Against Me! no seu EP en solitario Heart Burns. Encargouse, xunto coa banda, do oitavo álbum de Green Day 21st Century Breakdown, aparecido no 2009.

Outro dos seus últimos traballos foi a produción dun disco da banda de rock alternativo Foo Fighters.

Garbage

No ano 1994, Vig, xunto con Duke Erikson e Steve Marker fundaron a banda Garbage. Posteriormente uniríaselles Shirlay Manson como vocalista para rematar a formación. O grupo leva editados ata a data [cando?] catro álbums de estudio.

Producións