Entrada do Hospital Montecelo, o maior hospital do CHOP. | |
Fundación: | 2012 |
---|---|
Localización: | Mourente s/n Pontevedra |
Universidade afiliada: | Universidade de Vigo |
Camas: | 603 |
O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, coñecido polo acrónimo CHOP é unha institución sanitaria pública creada no ano 2012 que dá atención sanitaria especializada á poboación das comarcas de Pontevedra, Caldas, Salnés e mais Marín e Bueu no Morrazo, Soutomaior na comarca de Vigo e Cerdedo-Cotobade e Forcarei na comarca de Tabeirós-Terra de Montes. Depende do Servizo Galego de Saúde e está composto por tres hospitais e un centro de especialidades.
O hospital de maior nivel asistencial, o Hospital Montecelo, foi inaugurado en 1973,[1] mais será substituído polo novo complexo denominado Gran Montecelo cuxa construción iniciouse o 3 de maio de 2021[2] e cuxa finalización está prevista para finais de 2023 ou principios de 2024.[3][4]
Ademais da asistencia sanitaria, do CHOP depende a formación sanitaria de médicos internos residentes do último ano de Medicina da Universidade de Santiago[5] e a formación sanitaria da Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra do Campus Universitario de Pontevedra.
En 1439, Pontevedra contaba con tres hospitais: o Hospital de Santiaguiño do Burgo, para peregrinos pobres, o Hospital Virxe do Camiño para leprosos e, na Moureira, o Hospital dos Gafos, situado na desembocadura do río Gafos.[6] A mediados dese ano, en 1439, D.ª Teresa Pérez Fiota, fixo testamento para fundar un hospital para asistir aos pobres, que se chamaría Hospital do Corpo de Deus, que, co tempo, coñeceríase como Hospital do Corpus Christi e, máis tarde, en 1579, como Hospital San Xoán de Deus. Este hospital sería demolido en 1896 para construír noutra parte da cidade un novo hospital, o Hospital Provincial de Pontevedra.
O primeiro gran hospital da cidade foi o Hospital Provincial de Pontevedra. A decisión de crear este hospital foi tomada polo concello en 1890. En 1897 aceptáronse os primeiros pacientes. En 1928 foi transferido á Deputación Provincial de Pontevedra.[7] No hospital realizábanse operacións preferentemente cirúrxicas e avanzadas para a súa época. Os médicos do hospital tiveron unha grande importancia na vida da cidade. En 1936, o hospital foi utilizado principalmente como hospital de guerra.
O segundo e maior hospital da cidade foi o Hospital Montecelo, creado en 1973. Foi inaugurado en maio de 1974 polo entón Ministro de Sanidade, Licinio de la Fuente.[8]
O Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia decidiu integrar estes dous hospitais nun complexo hospitalario chamado Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) en 1998.[9][10]
O CHOP (Complexo Hospitalario de Pontevedra) foi declarado Complexo Hospitalario Universitario (CHU) en novembro de 2012.[11] A declaración como Complexo Hospitalario Universitario permitiu que nos hospitais de Pontevedra impártanse docencia práctica da titulación de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e doutras titulacións de ciencias da saúde como Enfermaría ou Fisioterapia, pertencentes ao Campus Universitario de Pontevedra.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a construción en 2020 dun novo hospital para a cidade de Pontevedra e a súa área sanitaria de 300.000 habitantes[12][13] con máis especialidades que o actual, incluíndo radioterapia, medicina nuclear e coidados intensivos neonatais e pediátricos, e cunha capacidade de 724 camas. O novo hospital de referencia de 10 plantas que se engadirá aos xa existentes chamarase Gran Montecelo.[14][15]
O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra está composto por:
O Hospital Montecelo conta con 600 camas na actualidade e pasará a 720 coa inauguración do Gran Montecelo. O Hospital do Salnés ten 120 camas.[16][17][18]
O CHU de Pontevedra ofrece atención sanitaria pública á poboación do centro e do norte da provincia de Pontevedra. A área sanitaria de Pontevedra abrangue, ademais da capital Pontevedra os concellos seguintes: Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, O Grove, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Portas, Sanxenxo, Soutomaior e Vilaboa. É tamén un hospital de referencia para pacientes do hospital do Salnés, que está incluído na área sanitaria de Pontevedra. Inclúe os municipios seguintes: Cambados, Catoira, Illa de Arousa, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
Área sanitaria de Pontevedra | Subárea do Salnés | ||
---|---|---|---|
Barro Bueu Caldas de Reis Campo Lameiro Cerdedo-Cotobade Cuntis Forcarei O Grove A Lama Marín Meaño |
Meis Moraña Pontevedra Poio Ponte Caldelas Portas |
Sanxenxo Soutomaior Vilaboa |
Cambados Catoira A Illa de Arousa Ribadumia Vilagarcía de Arousa Vilanova de Arousa |
O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra ten un persoal de 2,608 traballadores.[19] Ata 1996 a comarca de Deza tamén dependeu da área sanitaria de Pontevedra e ata o 2002 o concello da Estrada da comarca de Tabeirós-Terra de Montes.[20]