Cimadevila | |
---|---|
Casarío de Cimadevila | |
Parroquia | Pereira |
Concello | O Pino |
Coordenadas | 42°54′17″N 8°23′52″O / 42.904805555556, -8.3978333333333Coordenadas: 42°54′17″N 8°23′52″O / 42.904805555556, -8.3978333333333 |
Poboación | 11 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cimadevila é un lugar da parroquia de Pereira, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE,[1] en 2019 tiña 11 habitantes (3 homes e 8 mulleres). Este casarío algo disperso encóntrase dividido entre as parroquias de Castrofeito e de Pereira, aínda que o IGE contabiliza a súa propia poboación para aquela parroquia. A división entre unha e outra parroquia ven determinada pola ladeira do monte da Barreira na que se atopa, unha na bacía do río Brandelos (Pereira) e outra na bacía do rego do Amenal (Castrofeito).
O monte da Barreira de Arriba (que acada os 376 m. de altitude), no que as dúas Cimadevilas se estriban na súa cara leste, non só serve de soporte a unha parte fundamental da pista de aterraxe do aeroporto, senón tamén á malograda infraestrutura do Polígono Industrial do Pino, que se ve atravesada polo Camiño tralo seu paso por Cimadevila[2].
Lugares da parroquia de Pereira no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
---|---|
A Alta de Pereira | Alvarín | Alvite | O Amenal | O Ameneiral | O Castro | Cimadevila | A Igrexa | Vilachá |