Aus dem Nichts | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Aus dem Nichts |
Director | Fatih Akin |
Produtor | Fatih Akin Mélita Toscan du Plantier Marie-Jeanne Pascal |
Guión | Fatih Akin |
Intérpretes | Diane Kruger |
Música | Josh Homme |
Fotografía | Rainer Klausmann |
Montaxe | Andrew Bird |
Distribuidora | Warner Bros. (Alemaña) |
Estrea | Festival de Cannes: 26 de maio de 2017 23 de novembro de 2017 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Alemaña Francia[1] |
Xénero | Drama |
Recadación | 5 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
https://www.inthefadefilm.com/ | |
|
Aus dem Nichts é un filme alemán de 2017 escrito e dirixido por Fatih Akin. Está protagonizado por Diane Kruger que interpreta o papel dunha muller cuxo marido e fillo son asasinados nun ataque terrorista perpetrado por neonazis. Foi escollido para competir pola Palma de Ouro na sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2017,[3][4], onde Kruger gañou o premio de mellor actriz.[5] Foi escollido como candidato de Alemaña para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios,[6] clasificándose na lista curta de decembro,[7] mais finalmente non foi nomeado. Porén, gañou o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa.[8]