Nome orixinal | Yashmina María Shawki–Aziz Gómez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | española |
Formación profesional | Licenciada en Dereito e en Historia Contemporánea |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura e xornalismo de opinión |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | xornalista, escritora, historiadora |
Lingua | Lingua castelá |
Yashmina Shawki, nada en Vigo en 1967, é unha historiadora, xornalista, conferenciante[1] e escritora galega especializada en Oriente Próximo, e en concreto no pobo kurdo.
Nada en Vigo, é filla de nai galega e pai iraquí, e viviu os seus primeiros anos en Bagdad (Iraq), volvendo a Vigo para a súa escolarización. Con catorce anos regresou a Bagdad a cursar a educación secundaria,[2] se ben volveu a Vigo por mor da inseguridade do país.
É licenciada en Dereito (1992) e en Historia Contemporánea (1993) pola Universidade de Santiago de Compostela.[3]
Comezou a súa actividade como xornalista e como articulista de opinión en El Correo Gallego en 1996, pasando a Atlántico Diario en 1998, e a La Voz de Galicia en 2001.[4]
Colabora en Radio Voz desde 2004, desde 2010 no programa Despierta Galicia. Participa regularmente no programa Galicia por diante de Radio Galega, así como na TVG en programas como Foro Aberto, A Chave, ou Volver ao Rego.
Conta con obra tanto en castelán como en galego.[5]