(2014) | |
Nome orixinal | (gl) Xulio Xosé Pardellas de Blas |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de abril de 1949 (75 anos) Pontevedra, España |
Deputado | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | economista , profesor universitario , político , escritor |
Empregador | Universidade de Vigo |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Xulio Xosé Pardellas de Blas, nado en Pontevedra o 9 de abril de 1949, é un economista e político galego.
Doutor en Economía e profesor do Departamento de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. As súas liñas de investigación oriéntanse ao desenvolvemento local e á economía do turismo. Foi director do Centro de Información Pesqueira e Marisqueira da Consellería de Pesca e asesor da FAO. Foi deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE (1985-1989) e membro da área de Ciencias Mariñas do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.