Xulio Abalde
Nome completoJulio Ernesto Abalde Alonso
Nacemento1956
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónbiólogo e profesor universitario
Premiosdoutor honoris causa
Na rede
Dialnet: 1798479
editar datos en Wikidata ]

Xulio Ernesto Abalde Alonso, nado en Vigo en 1956, é un científico galego, profesor universitario e actual reitor da universidade da Coruña.

Traxectoria

Licenciouse en Bioloxía en 1978 pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1982 comeza a investigar no campo das microalgas baixo a supervisión de Jaime Fábregas, e doutórase en 1985.[1] Trasládase como docente ao campus da Coruña, e de aí ao campus de Lugo, e en 1987 regresa á matriz santiaguesa cun posto de profesor contratado e ao ano seguinte de profesor titular da área de microbioloxía. Coa creación das tres universidades galegas, en 1991 incorpórase á Universidade da Coruña, onde é docente dende aquela.

As súas liñas de pescuda viran ao redor da produción masiva de microalgas e o seu aproveitamento en acuicultura e alimentación animal, ao redor da fisioloxía das microalgas sometidas a situacións de estrés producido pola contaminación.

Foille concedida a praza de catedrático de microbioloxía. Administrativamente ocupou cargos internos no seu departamento e en 2005 foi nomeado director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, cargo que ocupa ata 2009. En 2011 forma parte do equipo co que Xosé Luís Armesto concorre ao reitorado e ocupa logo da súa vitoria o vicerreitorado de "Títulos, Calidade e Innovación Tecnolóxica".

Eleccións a reitor

Nas eleccións ao reitorado de decembro de 2015 presentouse como candidato da liña continuísta, chamada "Nova Luce". Neses comicios obtivo unha ampla vitoria (3445 votos a 2805) fronte ao opositor Daniel Pena.

Nas eleccións celebradas en decembro de 2019 revalidou o cargo co 70 % dos votos, desta vez con Fernando Martínez Abella como rival[2].

Vida persoal

Está casado e ten dous fillos.

Notas

  1. "Ficha de Dr. Julio Ernesto Abalde Alonso, Catedrático de universidade". Universidade da Coruña. Consultado o 07/11/2017. 
  2. Julio Abalde, reelixido como reitor da Universidade da Coruña, GCiencia, 4 de decembro de 2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Historial de publicacións cinetíficas de Xulio Abalde