Santa Mariña de Xinzo de Limia é unha das 22 parroquias do concello ourensán de Xinzo de Limia, onde se localiza a capitalidade do concello. No ano 2022 tiña 7 219 habitantes, dos cales 3 478 eran homes e 3 741 mulleres.[2]
- Igrexa de Santa Mariña de Xinzo de Limia, coñecida como igrexa vella, conserva do templo orixinal románico a fachada, parte da planta e un lenzo. No século XVI sufriu modificacións e reformas. No interior ten varios retablos neogóticos.
Gráfica de evolución demográfica de Xinzo de Limia entre 2000 e 2020 |
|
Datos segundo o IGE.[2]
|