Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.)

A xeada[1] é un fenómeno climático que consiste nun descenso da temperatura ambiente a niveis inferiores ao nivel de conxelación da auga, e fai que a auga que está no aire se conxele, depositándose en forma de xeo nas superficies.

Para que se dea este tipo de meteoro cómpre que a humidade relativa do aire sexa superior á máxima humidade relativa á temperatura da xeada; en caso contrario, non haberá suficiente auga na atmosfera para depositarse nas superficies aínda que exista a sensación de 'frío de xeada'. Se o vento é intenso, o depósito de auga será asemade pequeno.

Tipos

[editar | editar a fonte]

Xeada por radiación

[editar | editar a fonte]
Xeada por radiación en Braganza, Portugal.

A xeada por radiación débese a un arrefriamento progresivo e intenso do chan, pola radiación do seu calor, producíndose maiormente nas noites de ceo despexado. A humidade atmosférica, que pode ser relativamente cálida e seca, condénsase sobre as superficies sólidas en forma de rosada ou conxelándose, se aquelas se atopan a menos de 0 °C.

Este tipo é frecuente en terras mornas e subtropicais.

Xeada por advección

[editar | editar a fonte]

A xeada por advección é ocasionada pola invasión dunha corrente ou masa de aire frío con temperatura inferior a 0 °C. A acción do aire frío, xeralmente procedente das rexións polares, pode ser continua e durar por varios días.

Xeada por evaporación

[editar | editar a fonte]
Unha rosa con carazo durante o transcurso dunha xeada.

A xeada por evaporación é debida ao transporte de aire húmido sobre unha superficie cuxa temperatura está a 0 °C ou menos. É un tipo bastante raro de xeada.

Xeada acristalada.

En relación ós cultivos, obsérvanse dous tipos de xeadas:

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeada.