Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1962 (62 anos) Santa Euxea, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Ciencias da Información |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e teatro |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Irmáns | María Xesús Lama |
Premios
| |
Francisco Xavier Lama López, nado en Santa Euxea (Guntín) o 12 de xullo de 1962, é un escritor e xornalista galego.
Licenciado en Ciencias da Información en Universidade Complutense de Madrid e foi un rostros coñecidos dos informativos da Televisión de Galicia. O seu labor xornalístico ten sido recoñecido con diversos galardóns, entre os que figura o Mirador de la Complutense, Air France para novos periodistas, o Premio Galicia de Comunicación en 1989 e a Pluma de Ouro do I Premio Borobó en 2009.
Como escritor iniciouse con textos dramáticos e poéticos, pero tamén escribe narrativa. Recibiu varios premios literarios, como o Rafael Dieste (1995) e o Camiño de Santiago-Premio Xacobeo de teatro (1993), ou o Álvaro Cunqueiro de narrativa (1995). No ano 2008 gañou o premio González Garcés de poesía tras impugnar a primeira decisión do xurado, que recaera nunha obra de Eduardo Estévez que xa fora publicada, parcialmente, nun seu blog [1][2].