Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.)
O xantar, de Silvio Fernández Rodríguez-Bastos, 1890, Museo de Pontevedra.

O xantar é o alimento (denominado ás veces tamén como hora da comida) que se toma despois do almorzo. Denomínase desta maneira á comida servida xeralmente ao mediodía, ben en restaurante, cafetarías ou pubs. A cantidade e composición do xantar depende en gran medida dos costumes xerais da poboación, das tradicións culinarias do país ou etnia, do clima etc. Dependen tamén do lugar e ocasión no tempo: existen os xantares de oficina, colexio, familiares, de negocio. Nalgunhas culturas é unha das comidas principais do día (por exemplo na mediterránea), pero con todo nas culturas anglosaxoas o xantar queda reducido a unha mínima expresión.

Tipos de xantares

[editar | editar a fonte]

Caben diferentes posibilidades todas elas son dependentes da cultura gastronómica do país así como as preferencias da persoa. Unha primeira aproximación á tipoloxía dos xantares, podería levar a distinguilos pola duración:

Placa dun restaurante.

Na actualidade o xantar é entendido, ás veces, como un simple acto social, asociado por exemplo a unha reunión.