Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1961 (63 anos) O Saviñao, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filoloxía galega |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura galega e belas letras |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | escritor , profesor universitario |
Xénero artístico | Narrativa |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Carlos Quiroga |
Premios
| |
Xabier Quiroga Díaz, nado no Saviñao o 9 de maio de 1961, é un escritor galego, irmán do tamén escritor Carlos Quiroga.[1]
Licenciado en Filoloxía galega, é profesor de lingua e literatura galega no IES Laxeiro de Lalín. Colaborou na revista O Mono da Tinta que dirixía o seu irmán Carlos Quiroga e tamén na sección local do Faro de Vigo de Lalín. A súa primeira novela, Atuado na Braña, foi finalista do Premio Xerais en 2001.
O baile dos estorniños (Xerais, 2021), tendo en común con O Cabo do Mundo e Izan o da saca a investigación histórica e a presenza do personaxe Reina, culminou a súa Triloxía da Ribeira Sacra.[2]