Xabier Deive
Nacemento14 de maio de 1970
LugarNarón
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor
Na rede
IMDB: nm1845498 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xabier Deive, nado en Narón o 14 de maio de 1970, é un actor galego que conta cunha ampla experiencia interpretativa.

Traxectoria

Xabier Deive en Sede de mal.

Ten traballado en multitude de curtametraxes a longas entre as que destacan as recentes En teoría (2006), de Lídia Fraga, xunto con Ernesto Chao e O menor dos males (2007), de Antonio Hernández, con Carmen Maura, Roberto Álvarez e Antonio Durán "Morris" entre outros.

En teatro participou en espectáculos coas compañías Caroza Teatro, Teatro Maltés, Ollomoltranvía, Galería Cía de Teatro e Uvegá Teatro.

No medio televisivo destaca o seu papel n' A vida por diante, aínda que tamén colaborou con aparicións episódicas noutras series galegas como Mareas vivas, Galicia Express ou Pratos combinados.

Filmografía

Longametraxes

Curtametraxes

Televisión

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Título Resultado
2006 Mellor actor A vida por diante Nomeado
2007 Mellor actor secundario A vida por diante Nomeado
2009 Mellor actor secundario Matalobos Nomeado
2011 Mellor actor secundario Matalobos Nomeado

Premios María Casares

Ano Categoría Título Resultado
2013 Mellor actor protagonista Gaivotas subterráneas Nomeado

Véxase tamén

Ligazóns externas