Wyatt Earp | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Wyatt Earp |
Director | Lawrence Kasdan |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Owen Roizman |
Montaxe | Carol Littleton |
Estudio |
|
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 24 de xuño de 1994 |
Duración | 190 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Wéstern |
Orzamento | 63 millóns de dólares[2] |
Recadación | 55,9 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
Wyatt Earp é un filme estadounidense de 1994 dirixido, producido, e coescrito por Lawrence Kasdan, xunto con Dan Gordon.[4] Conta a historia do foraxido Wyatt Earp, desde un labrego de Iowa, ata un temido mariscal, ata o feudo en Tombstone, Arizona que provocou o tiroteo de O.K. Corral. Está protagonizado por Kevin Costner, e o resto do elenco está composto por Gene Hackman, Mark Harmon, Michael Madsen, Bill Pullman, Dennis Quaid, Isabella Rossellini, Tom Sizemore, JoBeth Williams, Mare Winningham e Jim Caviezel.
O filme estreouse só seis meses despois do similar Tombstone, a lenda de Wyatt Earp, e recibiu valoracións mixtas, con críticas á duración e a trama, mais tamén eloxios aos seus valores de produción.[5] Ao contrario de Tombstone, a lenda de Wyatt Earp, foi un fracaso de recadación.[3]