Wolverhampton Wanderers | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Wolverhampton Wanderers Football Club | |||
Alcume(s) | Wolves, The Wanderers | |||
Fundación | 1877 | |||
Estadio | Molineux Stadium, Wolverhampton, Inglaterra | |||
Inauguración | 1889 (renovado en 1993) | |||
Capacidade | 29.400 | |||
Propietario | Fosun International | |||
Adestrador | Julen Lopetegui | |||
Liga | Premier League | |||
2019–20 | 7.º | |||
Na rede | ||||
http://www.wolves.co.uk/ | ||||
| ||||
O Wolverhampton Wanderers Football Club é un club de fútbol de Inglaterra, da cidade de Wolverhampton en West Midlands. Foi fundado en 1877 co nome de St. Luke's por John Baynton, Jack Addenbrooke e Jack Brodie. Xogou na maior parte da súa historia recente en The Championship; non obstante, dende 2018 xoga na Premier League.
En 1893 o equipo gaña a primeira FA Cup da súa historia (1-0 sobre o Everton). Ata a data os Wolves xogaron oito finais de Copa.
En 1954 o equipo gaña a súa primeira Liga en Primeira División -actual Premier-. Vitorias sobre clubs con prestixio en Europa, como o Real Madrid e o Honved húngaro foron a inspiración para que a UEFA crease a Copa Europea de clubs, actual UEFA Champions League.
En 1974 e 1980 o equipo gaña as dúas Copas da Liga (actual Carling Cup) que adornan as súas vitrinas, mercé a sendas vitorias sobre Manchester City e sobre o entón todopoderoso Nottingham Forest. Desgraciadamente, ese foi o principio dun grave declive que os levou, tras sucesivos descensos, á Cuarta División en 1986 (o anterior caso deste grave declive foi o Bristol City en 1982).
O 18 de abril de 2008 o equipo logra o regreso á elite 5 anos despois tras a súa vitoria ante o Queens Park Rangers. O 25 de abril de 2009 o equipo logra o seu terceiro título de liga en Championship -Nivel 2-, tras empatar a un o o campo do Barnsley, logrando así o ansiado ascenso á Premier League.
Molineux Stadium é a casa deportiva do Wolverhampton Wanderers Football Club, ten unha capacidade para aproximadamente 30.000 espectadores, foi fundado en 1889 e remodelado en 1993 por última vez.
Equipos 2022/23 | |
---|---|
Tempadas | |
Antigos equipos |
|
Premios e estatísticas | |
Competicións inglesas |