Windows 8 é unha versión de Microsoft Windows, a familia de sistemas operativos producidos por Microsoft para uso en ordenadores persoais, incluíndo escritorios domésticos e empresas, netbooks, tablets, servidores e centros multimedia, sacado á venda o 26 de outubro de 2012. Engade soporte para procesadores ARM, así como as tradicionais microprocesadores x86 de Intel e AMD. A interface de usuario foi modificado para o facer máis axeitado para uso con pantalla táctil, en adición ao rato tradicional e teclado. Respecto ás edicións anteriores, Microsoft cambiou a terminoloxía das diferentes versións que ofrecía do seu sistema. Así, en Windows 8 existe unha versión RT (deseñada para dispositivos con arquitectura ARM, é dicir, especialmente teléfonos intelixentes e tabletas) e dentro xa das versións indicadas para escritorio atopamos: Windows 8 (versión básica, válida para calquera usuario estándar), Windows 8 Pro (engade funcionalidades como o control do escritorio remotamente, o Windows Media Center, o sistema de virtualización Hyper-V e o cifrado das unidades coas ferramentas como BitLocker e BitLocker to Go) e Windows 8 Enterprise (especialmente deseñado para grandes empresas (inclúe Windows to Go, DirectAcess, BranchCache e AppLocker).