Infotaula de personaWilhelm Friedrich Hemprich
Nome orixinal(de) Friedrich Wilhelm Hemprich Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1796 Editar o valor em Wikidata
Kłodzko Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xuño de 1825 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Massaua Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Universidade de Breslau Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , botánico , scientific collector (en) Traducir , coleccionista de plantas , coleccionista de animais , entomólogo , ornitólogo , naturalista , explorador , zoólogo , médico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaHemprich Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaHemprich Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
O porto de Massaua, onde faleceu Hemprich, nunha litografía do século XIX.

Wilhelm Friedrich Hemprich, nado o 24 de xuño de 1796 na cidade prusiana de Glatz (hoxe Kłodzko, no voivodato de Baixa Silesia, en Polonia), e finado o 30 de xuño de 1825, a causa do paludismo, en Massaua, un porto de Eritrea, foi un naturalista e explorador alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Hemprich estudou medicina en Breslau e na Universidade Humboldt de Berlín, onde se fixo amigo de Christian Gottfried Ehrenberg (1795-1876). Ambos os dous tiñan unha paixón común: a historia natural. Debeu interromper os seus estudos durante dou anos para facer o servizo militar, que fixo destacado en Francia.

En 1819 obtén o título de doutor cunha tese de fisioloxía comparada, que publicou o ano seguinte co título de Grundiss der Naturgeschichte (Compendio de historia natural). Hemprich impartiu clases de fisioloxía comparada na Universidade Humboldt de Berlín. No seu tempo libre dedicouse ao estudo dos réptiles e dos anfibios no novo Museo de Histora Natural de Berlín, baixo a dirección de Martin Lichtenstein (1780-1857).

En 1820, Hemprich e Ehrenberg participaron, como naturalistas, nunha expedición arqueolóxica a Exipto que organizara Liechtenstein e que estaba dirixida polo xeneral prusiano von Minutoli. A asistencia dos dous naturalistas foi subvencioanada pola Academia de Ciencias de Berlín. En marzo de 1821 abandonaron os outros membros da expedición para explorar o val do Nilo até Dongola, a capital de Nubia (rexión situada no sur do actual Exipto e o norte do actual Sudán). Durante dous anos estudaron a fauna e a flora da rexión. Dous anos máis tarde, Ehrenberg e Hemprich parten cara á rexión reritrea de Debub (El Sur), sobre a costa do mar Vermello, ao suroeste da península do Sinaí. Visitaron o monte Sinaí. Ehrenberg foi un dos premeiros naturalistas que estudou a fauna mariña do mar Vermello. En 1824 visitaron o Líbano e foron de Beirut até o cumio do monte Líbano e permaneceron en Bxari. En agosto volveron a Exipto.

En novembro, os dos amigos parten de novo cara ás costas do mar Vermello, visitando numerosos portos, entre eles o de Jeddah, en Arabia. Despois chegaron ao porto eritreo de Massaua coa intención de visitar a terras altas de Abisinia. Hemprich morreu neste porto de febre palúdica. Ehrenberg enterrouno na illa de Toalul.

Ehrenberg volveu a Europa e publicou, en 1828, unha relación dos seus descubrimentos baixo os dous nomes (del, e Hemprich) co título de Symbolae Physicae.[1] Os espécimes recolectados por eles están depositados no Museum für Naturkunde (Museo de Historia Natural da Universidade Homboldt). A colección conta cuns 46 000 espécimes botánicos que representan unhas 3 000 especies e uns 34 000 espécimes de animais correspondentes a unhas 4 000 especies, entre elas numerosas novas para a ciencia. Entre as especies recollidas, levaron dous exemplares dunha ave que era dunha especie descoñecida, á que denominaron Ibis comatus (ibis peludo). En memoria do seu ami defunto, Ehrenberg decidiu substituír este nome polo de Ibis hemprichi en 1832. Porén, a descrición foi imvalidada, nomem nudus.[2]

En 1820 W. F. Hemprich foi elixido membro da Academia Leopoldina.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Honores

[editar | editar a fonte]

Taxons dedicados a Hemprich:

Botánica

[editar | editar a fonte]
Xénero
Especies

Zooloxía

[editar | editar a fonte]
Especies

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. O título completo é Symbolae physicae, seu, Icones et descriptiones corporum naturalium novorum aut minus cognitorum: quae ex itineribus per Libyam Aegyptum Nubiam Dongalam Syriam Arabiam et Habessiniam publico institutis sumptu Friderici Guilelmi Hemprich et Christiani Godofredi Ehrenberg Ver texto completo).
  2. Programme de conservation de l'Ibis chauve au Maroc. SEO/BirdLife Morocco Programme (en francés).
  3. Linnaea 4: 396. Index Kewensis(IK) (Reais Xardíns Botánicos de Kew).
  4. Bot. Jahrb. Syst. 36 (2): 212. (IK),
  5. Anleitung zu Wissenschaftlichen Beobachtungen auf Reisen 2. Australian Plant Name Index (APNI).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]