Para unha lista actualizada das páxinas que deberán ser movidas aos Galilibros, véxase Categoría:Mover aos Galilibros.

Esta é unha páxina de mantemento que segue o esquema proposto en Meta-wiki chamado transwiki, que serve para trasladar os artigos da lista de abaixo ao espazo de nomes transwiki dos Galilibros.

Como mover unha páxina aos Galilibros

[editar a fonte]
  1. Inclúe na parte superior da páxina que vaia ser movida o seguinte texto:
    ((Mover aos Galilibros))
  2. Garda a páxina e o aspecto da mensaxe de aviso será o seguinte:
Este artigo vai ser movido aos GalilibrosEsta páxina está proposta para ser movida aos Galilibros. A razón é que o seu contido é un traballo orixinal. Se pensas que a páxina pode converterse nun artigo enciclopédico, por favor, faino e logo retira esta mensaxe. En caso contrario, podes axudar dándolle formato segundo as regras dos Galilibros antes de que se produza o traslado. Valora a posibilidade de solicitarlle a un administrador dos Galilibros que importe esta páxina dende o proxecto irmán.

Cousas a ter en conta

[editar a fonte]

Cando traslades un artigo asegúrate de que non quedan ligazóns rotas. Comproba seguindo a ligazón Páxinas que ligan con esta, do lateral esquerdo da páxina, cales son as ligazóns que hai con outros artigos e corríxeos.