Para simplificar as tarefas de xestión da Wikipedia existen varias ferramentas que permiten aforrar traballo. Son as mensaxes predefinidas ou marcadores, os moldes e os modelos.

Mensaxes predefinidas

[editar a fonte]

Para relacionar as páxinas con características que obrigan a xestionar conxuntamente ese grupo de artigos, utilízanse marcadores (templates en inglés), que son instrucións no texto wiki que etiquetan a ese grupo.

Por exemplo, se temos un amigo wikipedista islandés que nos axuda a introducir datos sobre Islandia en particular, e os volcáns en xeral, pero que escribe nun galego mesturado con estranxeirismos (islandesismos), ademais de categorizar os seus artigos tematicamente en Islandia e Xeoloxía, deberíamos ilos mantendo separados para que alguén se deteña a corrixir a súa ortografía. Para iso se utilizaría o marcador ((Nongalego)) ou ((Ortografía)). Estes marcadores, ademais de introducir o artigo nunha categoría, visualizan unha mensaxe sempre igual, parecida a "isto necesita revisión ortográfica". Este aviso é ó que se lle chama "mensaxe predefinida".

Os seguintes son exemplos de mensaxes predefinidas.

Artigos que se consideran inacabados

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((En progreso)) e aparece a mensaxe predefinida:


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.


Pódense utilizar outros marcadores de traballo en progreso máis específicos.

Artigos nos que está traballando un editor

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((En uso)) e aparece a mensaxe:

Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario HombreDHojalata (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 2 meses.O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse.

Estase a traducir

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((En tradución)) e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite.O usuario HombreDHojalata (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 2 meses.Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, pasará á lista de páxinas para borrado rápido.

Pedir axuda para revisión lingüística

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((Nongalego)) e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo ou sección precisa dunha tradución ao galego.A túa axuda é benvida. Se este artigo non se traduce nun prazo de trinta días, pasará á lista de páxinas para borrado rápido.Colabora connosco para que a Galipedia mellore e medre.

Ortografía

[editar a fonte]

Utilízase ((Ortografía)) e aparece:

Este artigo precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego).Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre.

Problemas de coherencia, comprensión, idioma etc.

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((Atención|ExplicaciónDosProblemasDoArtigo.)) e aparece a mensaxe predefinida: (( safesubst:ifsubst ||

Emprégase para chamar a atención sobre artigos cuxo contido é dubidoso e pode levar a discusión. Vexa tamén Hai tarefas pendentes concretas.

Propor para borrar

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((Lixo|ExplicaciónDaCausa.)) e aparece a mensaxe predefinida:

Pedir unha votación para borrar

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((Vpb)) e aparece a mensaxe predefinida:

Sospéitase que se trata de vangloria

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((GloriaVa)) e aparece a mensaxe predefinida:

Atención: As condicións de creación deste artigo están baixo sospeita. As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten. Normalmente, isto realízase por parte de enderezos IP anónimos ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo. A Wikipedia non é un espazo para reflectir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non se mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

É frecuente que se produza un debate e que se proceda a propoñer o artigo para ser eliminado.

Artigos de temas de actualidade

[editar a fonte]

Utilizase o marcador ((Actualidade)) e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento segundo avanza o evento, e os informes inicias poden ser pouco fiables. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra incluír referencias e citar as fontes.

Distinguir distintos significados da mesma entrada

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((Homónimos)) e aparece a mensaxe predefinida:

Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado.Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: PreferenciasTrebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos.

Xuntar dous artigos que falan do mesmo

[editar a fonte]

Utilízanse os marcadores:

Artigos que precisan revisión

[editar a fonte]

Utilizase o marcador ((Revisión|[[ArtigoPrincipalDesteTema]])) e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba de [[ArtigoPrincipalDesteTema]]. Se ten eses coñecementos mellore este artigo.Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión.

Hai tarefas pendentes concretas

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((PendenteArtigo|ListaCoasTarefasPendentes)) e aparece a mensaxe predefinida:

Este marcador é moi versátil e permite indicar que é exactamente o que falta. Por exemplo:((PendenteArtigo|Revisar as datas)). Sirve para pedir que se traballe en aspectos concretos del. Vexa tamén Problemas de coherencia, comprensión, idioma, etc..

Artigos que precisan de ampliación

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((Ampliar)) e aparece a mensaxe predefinida:

Por favor, axude na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega.Se cadra, pode atopar máis información na páxina de conversa.

Artigos que precisan de referencias

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((subst:Sen referencias)) e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.

Ligazóns internas

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((Ligazóns internas)), e aparece a mensaxe predefinida:

Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo.

Artigos orfos

[editar a fonte]

Utilizase o marcador ((Illado)) e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el.Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este.

Wikificar

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((FormatoWiki)), e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.

O artigo debería estar no Galizionario

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((Mover ao Galizionario)) e aparece a mensaxe predefinida:

Esta páxina está proposta para movela ao Galizionario. A razón é que o seu contido tan só é unha definición de dicionario. Se pensa que a páxina pode converterse nun artigo enciclopédico, por favor, fágao e logo retire esta mensaxe. En caso contrario, pode axudar configurándoa segundo as regras do Galizionario antes de que se produza o traslado. Valore a posibilidade de solicitarlle a un administrador do Galizionario que importe esta páxina dende o proxecto irmán.

O artigo debería estar nas Galifontes

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((Mover ás Galifontes)) e aparece a mensaxe predefinida:

Este artigo vai ser movido ás Galifontes. Esta páxina está proposta para ser movida ás Galifontes. A razón é que o seu contido tan só é unha copia dun texto orixinal. Se pensa que a páxina pode converterse nun artigo enciclopédico, por favor, fágao e logo retire esta mensaxe. En caso contrario, pode axudar dándolle formato segundo as regras das Galifontes antes de que se produza o traslado. Valore a posibilidade de solicitarlle a un administrador das Galifontes que importe esta páxina dende o proxecto irmán.

O artigo debería estar nas Galicitas

[editar a fonte]

Utilízase o marcador ((Mover ás Galicitas)) e aparece a mensaxe predefinida:

Esta páxina ou sección está proposta para movela ás Galicitas. A razón é que o seu contido tan só é unha lista de citas. Se pensa que a páxina pode converterse nun artigo enciclopédico, por favor, fágao e logo retire esta mensaxe. En caso contrario, pode axudar configurándoa segundo as regras da Galicitas antes de que se produza o traslado. Valore a posibilidade de solicitarlle a un administrador das Galicitas que importe esta páxina dende o proxecto irmán.

Marcadores que repiten información

[editar a fonte]

Noutras ocasións existen materiais, cadros ou simplemente partes ou listas que se repiten en moitas páxinas, e en lugar de escribilo manualmente cada vez que se queira introducir eses textos facemos un modelo que queremos que apareza automaticamente. En que consiste? Por exemplo en todos os concellos de Galicia queremos que exista unha táboa que enlace co resto dos concellos da provincia.

Para aprender a crear modelos, vexa Wikipedia:Modelos

Moldes

[editar a fonte]

Outras veces os textos introducidos son comúns na súa estrutura pero variables no seu contido: iso ocorre coas caixas que se poñen nos concellos con ((Xeografía política)). A caixa é igual en todos os concellos pero varían os datos, e o xeito en que iso se fai é con asignacións de propiedade = valor , exemplo propiedade → xentilicio , valor → abadinense. Isto é máis complicado de entender e editar, así que se non o entendes á primeira non te preocupes. Hai unha Lista de moldes que se pode consultar.

Modelos

[editar a fonte]

Finalmente, podemos querer que unha páxina teña unha determinada presentación visual e un xeito unitario de presentación dos contidos, é dicir que sempre teñan os mesmo datos, estrutura e organización. Nese caso creamos un formulario baleiro, un modelo cos ocos sen cubrir no que se "copia e pega" e logo énchese cos datos que faltan. Os modelos están agrupados na categoría "modelos de estrutura de artigos" e hai unha Lista de modelos de artigos.

Resumo

[editar a fonte]

En definitiva, as mensaxes predefinidas están relacionadas con:

O uso dun tipo o outro depende da facilidade de introdución de datos, do mantemento deses datos e de que sexa sinxelo para os colaboradores o seu uso,..., ás veces está claro o uso de uns en detrimento doutros, noutras ocasións é dubidoso.

Para entender mellor isto, quizais axude máis a páxina de Wikipedia:Mantemento.

Véxase tamén

[editar a fonte]

Outros artigos

[editar a fonte]

Frecha. Volver á páxina de axuda.