![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1963 ![]() Ürümqi, República Popular da China ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Pequín Hangzhou Ürümqi ![]() |
País de nacionalidade | República Popular da China ![]() |
Educación | Tongji University (en) ![]() Southeast University (en) ![]() Southeast University (en) ![]() China Academy of Art (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto , pedagogo , profesor universitario ![]() |
Empregador | China Academy of Art (en) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua chinesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Lu Wenyu |
Premios |
Wang Shu (chinés simplificado: 王澍; pinyin: Wáng Shù), nado en Ürümqi o 4 de novembro de 1963, é un arquitecto chinés. Gañou o Premio Pritzker de arquitectura no ano 2012[1], sendo o primeiro chinés en acadar esta distinción. O premio non estivo exento de polémica[2] xa que non incluíu a súa socia e esposa Lu Wenyu, coa que leva traballando toda a súa carreira, a pesar de que o propio Wang Shu a considera igualmente merecedora do galardón[3].
O estudio Amateur Architecture Studio no que traballa xunto a Lu Wenyu, é un estudio que fai edificios modernos empregando técnicas tradicionais. É habitual nos seus edificios atoparse con materiais reciclados como ocorre no Museo de Ningbo ou como quedou patente na intervención que realizaron para a Bienal de Arquitectura de Venecia de 2006[4],
Wang Shu é decano de arquitectura na Acadenia Chinesa das Artes onde tamén imparte docencia. Ós seus alumnos obrigaos a traballar durante un ano albanelería en carpintería para familiarizarse con materiais e as técnicas.