Wallace Beery
Beery en 1914
Nome completoWallace Fitzgerald Beery
Nacemento1 de abril de 1885
LugarClayton County, Missouri
Falecemento15 de abril de 1949 (64 anos)
LugarBeverly Hills, California
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
PaiNoah Webster Biri
NaiFrancis Margaret Fitzgerald
Cónxuxe(s)Gloria Swanson (1916-1919)
Rita Gilman (1924-1939)
ProfesiónActor
Na rede
IMDB: nm0000891 Allocine: 16457 Allmovie: p4986 TV.com: people/wallace-beery IBDB: 31498
Musicbrainz: 966e55ee-9303-462e-bd08-b03efca657f1 Discogs: 1304819 WikiTree: Beery-61 Find a Grave: 2880 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Wallace Fitzgerald Beery, nado en Clay County (Missouri) o 1 de abril de 1885 e finado en Beverly Hills (California) o 15 de abril de 1949 foi un actor estadounidense.

Traxectoria

Naceu en Clay County e viviu nunha granxa ata que da década de 1890 a súa familia marchou a Kansas City onde o seu pai traballou como policía. Aos dezaseis anos marchou da casa a traballar nun circo. En 1904 atopou traballo en Nova York na ópera cómica, e comezou a traballar en Broadway.

O seu debut no cinema foi en 1913. En 1917 interpretou a Pancho Villa en Patria, cando este aínda estaba vivo. Volvería facer o papel en 1933 en Viva Villa!. Debido a súa voz foi contratado pola Metro-Goldwyn-Mayer no comezo do cinema sonoro. En 1932 gañou o Oscar ao mellor actor por The Champ.

Durante os anos trinta foi un dos actores mellor pagados de Hollywood. Seguiu traballando con éxito ata o seu pasamento en 1949.

Filmografía

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas