Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Victorino Abente y Lago 2 de xuño de 1846 Muxía, España |
Morte | 22 de decembro de 1935 (89 anos) Asunción, Paraguai |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España Paraguai |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor , xornalista |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Irmáns | Ezequiel Abente y Lago |
Victorino Abente Lago, nado en Muxía o 2 de xuño de 1846 e finado en Asunción o 22 de decembro de 1935, foi un escritor galego.
Fillo do médico Leandro Abente Chans. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela coma seu irmán Ezequiel Abente y Lago. Sendo destinado a sacerdote pola familia, aos 20 anos fungouse da casa embarcando como polisón rumbo a Cuba. De alí marchou a Buenos Aires e en 1869 emigrou a Paraguai. En 1870 comezou a colaborar co periódico paraguaio El Pueblo, onde asinaba unha sección titulada "Mesa revuelta". Volveu a Galicia a principios dos anos oitenta, onde publicou o poema "Volta prá Terra" e a lenda en verso La novia del marinero e naceu en Muxía a súa filla Balbina. Volveu en 1907 con intención de radicar en Muxía e casou a súa filla máis nova, Balbina, co seu sobriño, o poeta Gonzalo López Abente. Ao cabo dun ano faleceu a súa filla ao dar a luz e Victorino regresou definitivamente a Paraguai.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1909.
A súa obra dispersa foi recompilada por un neto, e publicouse en 1984 nun volume titulado Antología poética: 1867-1926.