Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Albert Victor Young ![]() 8 de agosto de 1900 ![]() Chicago, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 10 de novembro de 1956 ![]() Palm Springs, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | hemorraxia cerebral ![]() |
Lugar de sepultura | Hollywood Forever Cemetery (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor , violinista , compositor de bandas sonoras , líder de banda , director de orquestra , compositor de cancións , actor ![]() |
Período de actividade | 1920 ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Instrumento | Violín e piano ![]() |
Selo discográfico | Decca Records ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Victor Young, nado en Chicago (Illinois) o 8 de agosto de 1900 e finado en Palm Springs (California) o 10 de novembro de 1956[1][2] foi un compositor, violinista e director de orquestra estadounidense.
Young naceu nunha familia de músicos, pois o seu pai foi membro da compañía de ópera de Joseph Sheehan. Comezou a tocar o violín aos seis anos e mandárono a Polonia con dez anos para quedar co seu avó e estudar no Conservatorio Imperial de Varsovia. Estudou piano con Isidor Philipp en París e sendo un adolescente iniciou unha carreira como violinista de concertos coa Filharmónica de Varsovia.
En San Petersburgo coñeceu o tsar Nicolao, que quedou tan impresionado que lle deu moitos regalos, mais o seu éxito acabou coa revolución. Foi perseguido polos bolxeviques, e foi condenado a morte. Tras unha fuxida chegou a Varsovia, logo a París e por fin aos Estados Unidos.[3]
Volveu a Chicago en 1920 e uniuse á orquestra do Central Park Casino. Marchou logo aos Ánxeles coa súa moza polaca, atopando traballo como violinista para Sid Grauman e logo con Paramount-Publix Theatres. Tras volver a Chicago volveu a Hollywood a mediados da década de 1930 onde se concentrou no seu traballo cinematográfico e compoñendo para cantantes populares como Bing Crosby. Entre as súas cancións destacaron "When I Fall In Love", "Moonlight Serenade (Summer Love)" e "My Foolish Heart".
Young finou en Palm Springs (California por mor dunha hemorraxia cerebral aos 56 anos. Gañou postumamente o Oscar á mellor banda sonora.