Viaduto de Millau | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 44°04′46″N 3°01′20″L / 44.079444444444, 3.0222222222222Coordenadas: 44°04′46″N 3°01′20″L / 44.079444444444, 3.0222222222222 |
Río | Val do río Tarn |
Concello | Millau - Creissels |
Provincia | Aveyron, Francia |
Características | |
Construción | 2004 |
Lonxitude | 2460 m |
Ancho | 32 m |
Gálibo | 343 m |
Tipo | Tirante |
Material | Formigón armado e aceiro |
O Viaduto de Millau (en francés le Viaduc de Millau) é a ponte máis alta do mundo, acada os 343 m no seu punto máis alto. Localízase preto da cidade Millau (Francia) e salva o val do río Tarn ó longo de 2460 m sobre 7 piares de formigón.
Forma parte da autoestrada francesa A75 e foi inaugurado o 14 de decembro do 2004 despois de 36 meses de construción. Preto de 3.000 persoas traballaron neste proxecto, que custou cerca 400 millóns de euros.
O viaduto foi deseñado polo prestixioso arquitecto inglés Norman Foster (Foster and Partners) e polo enxeñeiro francés Michel Virlogeux. No 2006 a obra foi premiada pola Asociación Internacional de Enxeñeiros de Pontes e Estruturas (IABSE).[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Viaduto de Millau |