Vea cava superior | ||
---|---|---|
![]() | ||
Vea cava superior (na parte superior) | ||
![]() | ||
Veas | ||
Latín | vena cava superior (TA) | |
Sitio(s) drenado(s) | cabeza pescozo membros superiores tórax (excepto pulmóns e corazón) | |
Orixe | vea braquiocefálica dereita vea braquiocefálica esquerda | |
Drena en | aurícula dereita | |
Precursor | common cardinal veins | |
MeSH | A07.231.908.949.815 |
A vea cava superior é unha vea humana curta, pero moi grosa. Fórmase pola unión dos troncos braquiocefálicos venosos esquerdo e dereito. O seu traxecto é curto e pronto chega ao corazón, máis concretamente á aurícula dereita. Porta o sangue do pescozo, cabeza e membros superiores, que provén dos troncos braquiocefálicos e das súas tributarias. Ademais de recibir o sangue das zonas superiores, recibe o sangue da vea ácigos, que recolle o sangue do hemitórax esquerdo. Esta vea ten a particularidade de facer un arco antes de desembocar na cava superior. Tamén pode chegarlle sangue venoso do hemitórax esquerdo, a través da vea hemiácigos. Esta última conexión é inconstante, xa que a hemiácigos pode non aparecer ou pode desembocar noutras veas.
En definitiva, a cava superior recolle o sangue de: