Biografía | |
---|---|
Nacemento | 630 (Gregoriano) Astorga |
Morte | 695 (Gregoriano) (64/65 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino visigodo de Toledo |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Campo de traballo | Q66707630 e cristianismo |
Ocupación | monxe , escritor , ermitán |
Profesores | Froitoso de Braga |
Lingua | Lingua latina |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 25 de febreiro |
Valerio do Bierzo, nado ca.630 e finado ca.695,[1] foi un monxe cenobita que viviu retirado na comarca do Bierzo.
Valerio era membro da aristocracia visigoda[2]. Nos seus escritos conta como despois dunha azarosa xuventude decidiu retirarse do mundo na procura dunha vida espiritual[1]. Durante unha época foi monxe no Mosteiro de Compludo,[1] pero marchou buscando a soidade do eremita fóra da cidade de Astorga[3]. Primeiro viviu na rexión de Castro Petrense e tras o asalto duns ladróns, nun lugar coñecido como Ebronanto, como un ermitán nunha cela cun altar protexido polos propietarios do terreo.[4] Ata que o propietario, Ricimer, decidiu botar abaixo o oratorio e contruír unha igrexa, aparentemente coa intención que Valerio fora o párroco[4]. Valerio viuno como un ataque do diaño, nun intento de destruír a súa vida de reclusión e marchou para outro lugar, co seu sobriño e un servente construíron unha pequena igrexa nun outeiro próximo ás súas celas[4].
Consérvanse algunhas obras de Valerio: tres breves visións da vida do alén como o viron tres monxes; un resumo da viaxe a Terra Santa da peregrina do século IV Exeria[5]; algunhas obras sucintas de instrución monástica, e un pequeno corpo de poesía.[5]