Uthman ibn Affan
Nacemento574 e 575
Lugar de nacementoA Meca
Falecemento17 de xuño de 656
Lugar de falecementoMedina
Causatraumatismo físico
SoterradoAl-Baqi' e Medina
NacionalidadeHejaz e Califado Rashidun
RelixiónIslam
Ocupaciónpolítico
PaiAffan ibn Abi al-'As
NaiUrwa bint Kariz
CónxuxeUmm Amr Bandage Jundub, Fatima Bint Al-Waleed, Hadhrat Ruqayyah, Umm Kulthum bint Muhammad, sen etiquetar, Umm al'-Banin bint Ayni, Ramlya bint Shayba e Na'ila bint al-Farafisa
FillosAbān ibn ʻUthmān, Amr ibn Uthman, Abdullah ibn Uthman, Sa'id ibn Uthman e Maryam bint Uthman
IrmánsUmm Kulthum bint Uqba, Walid ibn Uqba, Khàlid ibn Uqba ibn Abi-Muayt, Aminah bint Affan e Umara ibn Uqba
Na rede
WikiTree: Ibn_Affan_al-Umayyah-1
editar datos en Wikidata ]

ʿUthmān ibn ʿAffān (árabe: عثمان بن عفان), nado en Taif en 576 e finado en Medina ou 17 de xuño de 656, é o ʿUthman por excelencia dentro da cultura árabe e islámica, tamén coñecido como Utmán, Uzmán, Otmán, Othmán ou Osman. Foi o terceiro dos chamados califas ortodoxos, a primeira serie de califas que gobernou o Imperio islámico entre a morte de Mahoma e a división que deu lugar ao califato omeia. Sucedeu ao califa Umar e gobernou entre os anos 644 e 656.

Traxectoria

Familia

Pertencía á tribo dos Quraysíes, era fillo de Affan ibn Abi al-'As, neto de Abu al-'As ibn Umayyah e bisneto de Abd Shams, tío bisavó de Mahoma. Polo seu irmán máis vello Abu Sufyan era tío de Muawiya ibn Abi Sufyan.

As súas relacións co profeta eran excelentes, xa que casou sucesivamente con dúas ds súas fillas, Rukayya e Umm Kulthum.[1]

Califato

O califa Omar non designou sucesor, mais instaurou a shura (consello) formada por seis compañeiros do Profeta, dos que sairía o novo califa, pois estes formaban parte das dez persoas ás que o Profeta en vida lles asegurou o Paraíso. O elixido para ser o novo califa foi Uthman, que pertencía á rica familia dos Omeias.

Corán

Na balanza relixiosa, fixo unha recompilación e redactou a versión oficial do Corán, que é a que persiste na actualidade, declarando a invariabilidade do texto pois era o auténtico Corán, a palabra de Deus dada ao Profeta, en 114 suras, sendo a primeira "Al Fatiha".

Morte

Morreu asasinado o 17 de xuño de 656,[2][3][4] con 79 ou 80 anos, mentres ardía a súa casa.

Entre os seus inimigos atopábase Abdullah ibn Saba. A polémica ocasionada pola súa morte, desconformes coas súas decisións, foi a orixe do primeiro gran cisma do islam e a primeira guerra civil ou Primeira Fitna.

Notas

  1. Asma Afsaruddin, Oliver (2009). "ʿUthmān ibn ʿAffān". En Esposito, John L. The Oxford Encyclopedia of the Islamic World. Oxford: Oxford University Press. (require subscrición (?)). 
  2. Ibn Hajar al-Asqalani. Lisan Al-Mizan: *Uthman bin al-Affan. 
  3. Universidade de Zürich Asia-Orient-Institut Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine.
  4. "Islamic Calendar". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2009. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
Predecesor:
Omar
Califa ortodoxo
644-656
Sucesor:
Alí

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas