Uro Bos primigenius Rango fósil: plioceno tardío - holoceno | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Esqueleto de uro Museo Nacional de Dinamarca | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Extinto | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Bos primigenius (Bojanus, 1827) | |||||||||||||||||||||||
Mapa do hábitat orixinal das tres subespecies do uro
| |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
O uro[1] (Bos primigenius) era un mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos, que se extinguiu en 1627.
Tratábase dun boi de grandes dimensións e comportamento indócil.
O uro foi clasificado como Bos primigenius, Bos taurus, ou, nas fontes antigas, Bos urus.
En 2003, a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica rexistrou o uso de 17 nomes específicos baseados en especies silvestres, anticuadas, que foron previamente usadas, e contemporáneas baseadas en formas domésticas.[2] confirmando a denominación Bos primigenius para o uro.
Os taxonomistas que consideran o touro doméstico como unha subespecie do uro salvaxe deben usar B. primigenius taurus; os que consideran o touro doméstico como unha especie separada poden usar o nome B. taurus, que a Comisión mantivo dispoñíbel para ese propósito.
A palabra romance uro deriva do latín urus (plural uri). Este termo é un préstamo do xermánico (cf. antigo inglés / antigo alto alemán ūr, nórdico antigo úr).[3][4]
A aparencia dos uros foi reconstruída a partir de material esquelético, descricións históricas e representacións contemporáneas, tales como pinturas rupestres, e de gravados ou ilustracións de Sigismund von Herberstein.
Unha obra de Charles Hamilton Smith é unha copia dunha pintura propiedade dun comerciante de Augsburgo, que podería datar do século XVI.
Os estudosos propuxeron que a ilustración de Smith se baseaba nun híbrido touro doméstico/uros, ou dun touro dunha raza semellante ao uro.[5]
O uro foi un dos herbívoros máis grandes na Europa posglacial, comparábel co bisonte europeo.
O seu tamaño parece que variaba segundo as rexións. En Europa, os uros das poboacións do norte eran máis grandes de media que as do sur. Por exemplo, durante o holoceno, encontráronse uros procedentes de Alemaña e Dinamarca que tiñan unha altura media na cruz de 155 a 180 cm nos touros, e de 135 a 155 cm nas vacas, mentres que as poboacións de uros machos atopados en Hungría non pasaban dos 160 cm se altura na cruz.[6]
O seu hábitat, en épocas prehistóricas, estendíase desde Galiza a Corea e de Siberia á India. Este animal tería sido cazado polos homes no sur e centro de Europa desde a prehistoria, como relatan as pinturas rupestres encontradas nestes lugares. Liñaxes mais dóciles terían sido seleccionadas polas poboacións locais, e terían dado orixe ao boi europeo (Bos taurus). O uro, con todo, xamais sería domesticado, e, após milenios sufrindo coa caza, o último individuo morreu en 1627, nos bosques de Jaktorowka, na Polonia.
Recentemente, tense discutido a separación do uro como variedade distinta do boi doméstico, visto que estudos xenéticos suxiren que pertenceron ambos á mesma especie (Bos taurus).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Uro |