USA Network é unha canle de televisión de pagamento dos Estados Unidos e foi fundada no 1977.
Trátase dunha canle televisiva de corte xeralista que ofrece programación en inglés e emisión de series de primeira transmisión ou tamén de retransmisión, películas e transmisións deportivas. O propietario da canle é NBCUniversal.
Nos inicios, USA Network foi considerada unha canle de baixo impacto pero nos últimos anos foi gañando distinción pola súa transmisión de series exclusivas cun bo éxito televisivo como: Monk, Dead Zone, Suits, Os 4400, Psych ou tamén Mr. Robot, entre outras.
![]() |
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |