Trazo de xiz é unha historieta serial de Miguelanxo Prado.[1]
Foi publicada paralelamente na revista Cimoc co nome de Trazo de tiza[2] e na revista À Suivre co nome de Trait de craie en 1992.[3] Máis adiante, en 1993, sería publicada en álbum por Norma Editorial[4], que levaría a cabo no 2012 unha reedición mellorada e con material adicional[5].
No 1994, Trazo de xiz obtivo o premio á mellor obra de autor español no Salón do Cómic de Barcelona[6] e á mellor historieta estranxeira na edición de 1994 do Festival de Angulema.
Trazo de Xiz foi publicada por Glénat en catalán (Traç de Guix) no 2008[7], e por El Patito Editorial en galego (Trazo de Xiz) no 2012.[1]
Trazo de xiz é unha historia onde aparentemente nada pasa. É a historia dun mariño que chega a unha pequena illa case abandonada onde só hai un faro que non funciona e unha pensión onde habitan tres acodes.