O Tratado de Saint-Germain-en-Laye foi asinado nesa localidade francesa o 10 de setembro de 1919[1] entre as potencias aliadas e asociadas e Austria para pór fin á Primeira guerra mundial. Neste tratado establecíase o desmembramento da antiga monarquía dos Habsburgo, o Imperio Austrohúngaro, que foi substituído pola República de Austria como «estado sucesor» quedando limitada a algunhas áreas nas que soamente se falaba alemán e que foi excluída das negociacións sendo obrigada a asina-lo tratado. O tratado foi reatificado polo Consello Nacional austríaco ou Parlamento o 17 de outubro.[2]
O posterior Tratado de Trianon, asinado en 1920 entre os aliados e Hungría, completou o proceso de desmembramento do Imperio Austrohúngaro.
O tratado redactouse en francés, a lingua de interpretación en caso de discrepancias, inglés, italiano e ruso, mais non en alemán.
O tratado establecía o nome oficial do país vencido, Austria (Österreich), ao que se lle prohibía de xeito expreso o Anschluss (o reagrupamento ou unión con Alemaña), a fabricación e o comercio de armamento e a constitución dun exército de leva (tiña autorizado un exército profesional limitado a 30.000 homes). Igualmente, obrigábaselle a pagar aos aliados cuantiosas indemnizacións e a restituír numerosas obras de arte do tesouro imperial dos Habsburgo, aínda que moitas delas fosen de Austria dende había moitos séculos e fosen adquiridas lexitimamente.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tratado de Saint-Germain |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |