O transbordador Endeavour engalando.

O transbordador espacial Endeavour, designación OV-105 (OV de Orbital Vehicle) foi un transbordador espacial que pertenceu á frota de transbordadores espaciais da NASA. Foi o quinto e último transbordador da frota, construído para substituír o Challenger, destruído en 1986, e fixo 25 misións nos seus 20 anos de servizo. Fixo a súa última aterraxe o 21 de setembro de 2012, ó regreso da misión STS-133.[1][2]

Historia

[editar | editar a fonte]

Endeavour foi nomeado polo primeiro buque comandado por James Cook. Puido ser construído grazas a que, durante a construción dos transbordadores Discovery e Atlantis, a NASA encargou pezas de substitución para facilitar a reparación en caso de dano, entre elas partes da fuselaxe anterior, posterior e media e o temón. Eventualmente estas pezas, xunto con outras novas, serían usadas para ensamblar o Endeavour como substitución do Challenger. O Endeavour foi deseñado para mellorar as súas capacidades con respecto dos transbordadores previos, sendo máis lixeiro, usando por primeira vez un paracaídas durante a aterraxe para frear antes, levando equipamento para estender as súas misións no espazo, con aviónica nova a bordo e outras melloras.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2011). "Endeavour" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]