O Tour de Francia ("Volta" a Francia) é unha competición ciclista por etapas, a máis afamada de todas, que se disputa en Francia e outros países limítrofes durante tres semanas do mes de xullo. Comezou a celebrarse en 1903 con periodicidade anual que só foi interrompida entre 1915 a 1918 por mor da primeira guerra mundial e desde 1940 ata 1946 pola segunda guerra mundial.
Constitúe, polo tanto, a carreira máis importante dentro da clasificación ciclista que establece a UCI ProTour; xunto coa Vuelta Ciclista a España e o Giro de Italia constitúe o grupo das Grandes Voltas de tres semanas.
O primeiro Tour tivo lugar no ano 1903, como unha iniciativa do diario L'Auto. Pouco a pouco, foi adquirindo prestixio como carreira ciclista ata, na actualidade, elevarse á posición de evento ciclista máis importante do ano. Na actualidade, e a diferenza dos seus comezos (nos que tiña poucas etapas pero moi longas), o Tour ten 21 etapas e 2 días de descanso para os corredores.
O Tour adoita ter lugar en territorio francés; así e todo, é moi frecuente que unha ou varias etapas comecen, rematen ou pasen por outros países, como Italia, España, Suíza, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Alemaña e incluso o Reino Unido ou Irlanda.
O percorrido do Tour cambia tódolos anos. Na primeira etapa, adoita haber un prólogo (breve contra o reloxo individual); a continuación, unha primeira semana na que non se atravesan grandes dificultades montañosas; unha contra o reloxo; e a continuación o paso polas dúas grandes cadeas montañosas (Pireneos e Alpes ou Alpes e Pireneos, a anos alternos); logo, outra contra o reloxo que ten lugar o penúltimo día; e, ó final, unha etapa chá que remata nos Campos Elisios de París. Tamén é habitual que haxa na primeira semana unha contra o reloxo por equipos.
Na actualidade, e tras 16 anos so a dirección de Jean-Marie Leblanc, o director do Tour é Christian Prudhomme.
Ó igual que outras carreiras ciclistas, o Tour de Francia ten diferentes clasificacións, ó primeiro clasificado das cales se lle dan determinadas mallas:
Outras clasificacións teñen outras formas de se sinalaren:
Como en tódalas demais carreiras, o campión do mundo pode levar a malla arco-da-vella que o diferencia, e os campións nacionais poden levar a malla do seu propio país.
No respectivo ás etapas de contra o reloxo e de montaña, o Tour funciona como tódalas demais Grandes Voltas. Porén, ten certos detalles que o diferencian:
Na meirande parte dos Tours, adoita haber unha contra o reloxo por equipos na primeira semana. Porén, este feito deu lugar a moitas críticas a raíz de que Lance Armstrong, que dispuña dun equipo moi forte, se distanciaba moito dos seus rivais, con equipos máis modestos. Para tentar solucionalo, o Tour estableceu unha norma na contra o reloxo por equipos, que tamén recibiu gran cantidade de críticas.
Esta norma di que o máximo tempo que pode perder o segundo equipo respecto do primeiro clasificado é de 20 segundos. No caso do terceiro, son 30 segundos (tamén respecto do primeiro); o cuarto, 40; e así sucesivamente ata o décimo quinto clasificado, que pode perder como máximo 2 minutos 30 segundos (150 s). A partir de aí, as diferenzas van de 5 en 5 segundos.
Por exemplo, se nunha carreira o segundo equipo chega con 5 minutos de atraso respecto do primeiro, cóntase como se só perdese 20 segundos. Pola contra, se chega a 5 segundos este tempo manténselle.
Durante todo o Tour (diferenciándose nisto, por exemplo, da Vuelta a España, que só o fai na primeira semana), os corredores que chegan nos primeiros postos á meta reciben unha bonificación que lles desconta segundos (20 ó primeiro, 12 ó segundo, 8 ó terceiro).
En 2006 decidiuse que a aqueles ciclistas que caesen nos últimos 3 quilómetros de cada etapa se lles daría o tempo que conseguirían se non caesen.
En 2008 suprimíronse as bonificacións.
Os podios marcados coa frase "Vacante" son o resultado da decisión da UCI de eliminar a Lance Armstrong e a Levi Leipheimer do historial do Tour de Francia por dopaxe.
Corredor | ![]() |
![]() |
![]() |
Edicións |
---|---|---|---|---|
![]() |
5 | 2 | 0 | 8 |
![]() |
5 | 1 | 0 | 7 |
![]() |
5 | 0 | 1 | 8 |
![]() |
5 | 0 | 0 | 12 |
![]() |
4 | 1 | 1 | 6 |
![]() |
3 | 1 | 1 | 8 |
![]() |
3 | 0 | 1 | 11 |
![]() |
3 | 0 | 0 | 10 |
![]() |
2 | 2 | 0 | 6 |
![]() |
2 | 1 | 1 | 10 |
![]() |
2 | 1 | 0 | 4 |
![]() |
2 | 1 | 0 | 8 |
![]() |
2 | 1 | 0 | 9 |
![]() |
2 | 1 | 0 | 10 |
![]() |
2 | 1 | 0 | 11 |
![]() |
2 | 0 | 1 | 10 |
![]() |
2 | 0 | 0 | 3 |
![]() |
2 | 0 | 0 | 3 |
![]() |
2 | 0 | 0 | 6 |
![]() |
2 | 0 | 0 | 9 |
![]() |
1 | 0 | 0 | 6 |
![]() |
0 | 0 | 1 | 9 |
| |||||||||||||||
Edicións | Primeiro | Segundo | Terceiro | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2020 | - | - | - | ||||||||||||
2019 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
2018 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
2017 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
2016 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
2015 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
2014 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
2013 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
2012 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
2011 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
2010 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
2009 | ![]() |
![]() |
Vacante | ||||||||||||
2008 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
2007 | ![]() |
![]() |
Vacante | ||||||||||||
2006 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
2005 | Vacante | ![]() |
![]() | ||||||||||||
2004 | Vacante | ![]() |
![]() | ||||||||||||
2003 | Vacante | ![]() |
![]() | ||||||||||||
2002 | Vacante | ![]() |
![]() | ||||||||||||
2001 | Vacante | ![]() |
![]() | ||||||||||||
2000 | Vacante | ![]() |
![]() | ||||||||||||
1999 | Vacante | ![]() |
![]() | ||||||||||||
1998 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1997 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1996 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1995 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1994 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1993 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1992 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1991 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1990 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1989 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1988 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1987 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1986 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1985 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1984 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1983 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1982 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1981 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1980 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1979 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1978 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1977 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1976 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1975 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1974 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1973 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1972 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1971 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1970 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1969 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1968 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1967 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1966 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1965 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1964 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1963 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1962 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1961 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1960 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1959 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1958 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1957 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1956 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1955 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1954 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1953 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1952 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1951 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1950 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1949 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1948 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1947 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1940-1946 | Non se disputou | ||||||||||||||
1939 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1938 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1937 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1936 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1935 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1934 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1933 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1932 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1931 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1930 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1929 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1928 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1927 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1926 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1925 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1924 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1923 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1922 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1921 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1920 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1919 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1915-1918 | Non se disputou | ||||||||||||||
1914 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1913 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1912 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1911 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1910 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1909 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1908 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1907 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1906 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1905 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1904 | ![]() |
![]() |
![]() | ||||||||||||
1903 | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tour de Francia |