Tosende | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Baltar[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°55′51″N 7°48′14″O / 41.93083333, -7.80388889Coordenadas: 41°55′51″N 7°48′14″O / 41.93083333, -7.80388889 |
Poboación | 94 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lourenzo de Tosende é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 112 habitantes, deles 58 eran homes e 54 eran mulleres, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.
A igrexa parroquial é do século XVIII. Ao seu redor hai nichos, recolocados logo dunhas obras en 2011[2].
Hai un peto de ánimas de 1853, a carón da estrada OU-311. Está estruturado en dous corpos e asentado sobre dúas bancadas. O corpo inferior ten forma de pedestal con plinto e un touro no zócolo, cornixa en gola e dado con inscrición do ano e a expensas de quen se fixo. O corpo superior está rodeado por un bocel e ten fornela de medio punto. A cornixa repousa sobre un arquitrabe intermedio, resaltando os volumes. Na coroa hai o pedestal dunha cruz.
O lugar das Maus pertenceu ao Couto Mixto até 1864. Nel hai unha capela.
Lugares da parroquia de Tosende no concello de Baltar (Ourense) | |
---|---|