Tona para preparar arroz con leite

A tona é unha substancia densa que se forma na superficie do leite, cando se deixa en repouso[1] tras ferver, a partir das gotas de graxa que contén naturalmente o leite ó romperse a emulsión graxa-auga. Presenta unha consistencia semilíquida máis ou menos viscosa, de cor branca amarelada e de olor e sabor característicos.

Tradicionalmente, cando o leite se consumía directamente das vacas e, por conseguinte, contiña toda a súa graxa natural (3,5-4,5%, ou máis, segundo as razas), esta tona superficial ía retirándose para gardala nunha cunca á parte, e cando xa se tiña unha certa cantidade batíase para facer manteiga, xeados ou para consumo directo en diferentes sobremesas. Agora, a industria láctea somete o leite a un proceso de centrifugación que aumenta e acelera a separación dos glóbulos de graxa.

Aínda que é semellante no aspecto, tamén se denomina nata ó que en realidade é unha crema de leite, de sabor e textura distintos, e quimicamente diferentes. Esta presentación faise batendo a nata separada no proceso anterior [2], normalmente con azucre e contén unha porcentaxe de graxa moi variable, entre un mínimo dun 18% (nata delgada) ata un mínimo dun 50% (dobre nata). En todo caso, deberá conservarse baixo refrixeración ou conxelación.

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tona.
  2. Nata batida (en castelán, nata montada).
  3. Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, 1958-1961, s.v. muller. Xosé Moreiras Santiso: Os mil e un refráns galegos da muller, Alvarellos, Lugo 1978.
  4. Xesús Taboada Chivite: “Refraneiro galego”, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 2, 2000.
  5. Vicente Llópiz Méndez: Refraneiro galego, manuscrito inédito de 1954. Fondo de Bibliófilos Gallegos no Museo de Pontevedra.
  6. Vicente Llópiz Méndez.
  7. Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, 1958-1961, s.v. vicio.
  8. Vicente Llópiz Méndez.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]