Thomas Ashe
Nacemento12 de xaneiro de 1885
Lugar de nacementoLispole
Falecemento25 de setembro de 1917
Lugar de falecementoDublín
SoterradoGlasnevin Cemetery
NacionalidadeIrlanda e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterDe La Salle College Waterford
Ocupaciónpolítico
IrmánsNora Ashe
Na rede
WikiTree: Ashe-1102 Find a Grave: 5747051 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Thomas Ashe ou Tómas Ágas (en irlandés), nado en Lispole, condado de Kerry (Irlanda) o 12 de xaneiro de 1885 e finado en Dublín o 25 de setembro de 1917, foi un revolucionario irlandés.

Traxectoria

Ashe era mestre de escola, membro da Asociación Atlética Gaélica (GAA) e da Liga Gaélica, máis tarde ingresou na Irmandade Republicana Irlandesa, onde fixo amizade con John Devoy, Roger Casement e Joe Mac Garrity. Durante o Alzamento de Pascua de 1916 dirixiu o V Batallón da Brigada de Dublín dos Voluntarios Irlandeses e se enfrontou aos RIC en Ashbourne (condado de Meath), provocando oito mortos e cinco feridos ata que se rendeu por orde de Patrick Pearse. Xunto con Éamon de Valera foi condenado a morte, mais finalmente sería condenado a cadea perpetua en Lewes (Inglaterra).

No verán de 1917 foi liberado, mais foi arrestado novamente por facer discursos independentistas. Prisioneiro na prisión de Mountjoy (Dublín), fixo unha folga de fame ata a morte en demanda do estatuto de prisioneiro político.