Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1936 (88 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | tradutora , escritora |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
María Teresa Barro Muñoz-Ortiz, nada na Coruña o 8 de marzo de 1936, é unha tradutora e escritora galega.
Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e na de Madrid, licenciándose nesta última en Pedagoxía en 1960. En 1962 casou con Fernando Pérez-Barreiro Nolla, co que en 1964 se traslada a Londres, onde traballou como tradutora, residindo desde 2008 en Lancaster (Inglaterra). Membro fundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, ten colaborado con distintas publicacións galegas, como Grial, A Nosa Terra e Sermos Galiza, así como nos programas de radio da BBC. En 1980 obtivo o certificado da Faculty of the Astrological Studies de Londres.