Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua galega |
María Tereixa dos Anxos Novo Arrojo, nada en Lugo en 1956, é unha política galega do BNG.
Profesora de Primaria e Secundaria, foi liberada sindical. Foi membro de Fuxan os Ventos. Membro do Consello Nacional do BNG e da súa Executiva (1991–1995), foi deputada no Parlamento de Galicia en substitución de Henrique Tello (2002–2005).[1] Foi delegada provincial na Coruña da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (2005–2009). En 2015 presentouse ás primarias de Iniciativa pola Unión para a provincia da Coruña.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tereixa Novo |