Nome orixinal | (fr) Tancrède de Hauteville |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 980 Coutances |
Morte | 1041 (Gregoriano) (60/61 anos) Hauteville-la-Guichard |
Familia | |
Familia | Casa de Hauteville |
Cónxuxe | Fressenda of Hauteville (1025 (Gregoriano)–) Miruel of Hauteville (1010 (Gregoriano)–) |
Fillos | Humphrey of Hauteville (en) () Miruel of Hauteville (en) Mauger of Hauteville (en) () Fressenda of Hauteville (en) Guilherme Braço de Ferro (pt) () Miruel of Hauteville (en) William of the Principate (en) () Fressenda of Hauteville (en) Béatrice de Hauteville (en) () Miruel of Hauteville (en) Fredesenda de Hauteville (en) () Fressenda of Hauteville (en) Robert Guiscard () Fressenda of Hauteville (en) Drogo of Hauteville (en) () Miruel of Hauteville (en) Roger I de Sicilia () Fressenda of Hauteville (en) Serlo I of Hauteville (en) () Miruel of Hauteville (en) Geoffrey of Hauteville (en) () Miruel of Hauteville (en) Humbert de Hauteville (en) () Fressenda of Hauteville (en) |
Tancredo de Hauteville (en latín, Tancredus de Altavilla; en italiano, Tancredi d'Altavilla), nado contra finais do século X no Ducado de Normandía e finado contra 1041, foi un señor normando da baixa nobreza, que pasou á posteridade por ser o pai dos irmáns Hauteville, que conquistaron a Italia meridional aos bizantinos (1040-1071), e Sicilia (1061-1091) e da illa de Malta (1090) aos musulmáns.
Gobernou un feudo achegado a Coutances, no Cotentín, na actual rexión da Baixa Normandía.
A Casa de Hauteville, ou Altavilla, puido descender de Hiallt, un normando nado en 920 que se asentou no Cotentín e fundou a vila chamada Hialtus Villa (Altavilla) do que a familia tomou o seu nome.[1][2] Tancredo sería seu bisneto.[3]
Tancredo tivo 12 fillos das súas dúas esposas (sobre as que se afima que ambas as dúas eran fillas do duque Ricardo I de Normandía, aínda que baseándose nunha testemuña tardía de dubidosa credibilidade.[4], así como un número indeterminado de fillas. Case todos os seus fillos deixaron Normandía e trasládaronse ao sur de Italia, conseguindo gran sona nese lugar.
Segundo Amatus de Montecassino, cronista italiano das conquistas normandas no sur de Italia, Tancredo fora un home dunha moralidade moi estrita, que non estaba disposto a manter unha relación en pecado, polo que casou novamente, ao non ser capaz de vivir en perfecto celibato.
Un bisneto de Tancredo, tamén chamado Tancredo de Hauteville, foi un dos líderes da Primeira Cruzada. Era neto de seu fillo, o duque Roberto Guiscardo. Despois da Cruzada, Tancredo foi príncipe de Antioquía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tancredo de Hauteville |